O tempo
O tempo é o estado da atmosfera nun lugar e momento determinados.
As variacións diarias que experimenta a atmosfera son rexistradas polos meteorólogos con aparatos que miden a temperatura, a humidade, o vento, a nubosidade e as precipitacións. Os datos recollidos son representados sobre un mapa metereolóxico.

Presión atmosférica
A presion atmosférica e o peso exercido polos millónsde moléculas de aire sobre calquera punto da Terra. Exprésase en milibares, e a presión normal oscila entre os 980 e os 1040 mb. Mídese cun barómetro. Se se unen os puntos con valores iguais, obtéñense unhas liñas chamadas isóbaras.
Nos sitios con maior insolación o aire quéntase, ascende e créase unha zona de baixas presións. Coa altura, a temperatura descende, o aire arrefría, faise máis pesado e descende, e da lugar a unha zonade alts presións.
Ao existir zonas de altas e baixas psións, o aire móvese dende a rexión de altas presións á de baixas presions e crea unha corrente (o vento).

Anticiclóns
Os anticilóns son zonas da atmosfera caracterizadas pola existencia de altas presións. Represéntanse coa letra A. O aire xira en sentido das agullas do reloxo e afastándose do centro. A presión atmosférica amenta cara ao centro. O movemento descende do aire, evita a condensación, polo que os anticilóns se relacionan cos ceos despexados e os días soleados.
Borrascas
As borrascas son rexións atmosféricas onde predominan as baixas presións. Represéntanse cunha letra B. O aire xira en sentido contrario ao das agullas do reloxo e cara ao centro. A presión diminúe cara ao centro. O movemento ascende do aire e favorece a condensación e a formación denubes, polo que as baixaspresións van acompañadas de ceos nubrados e precipitacións.
Fontes frías e cálidas
Unha fronte é a fronteira de contacto entre dúas masas de aire en movemento e con distintas temperaturas. Poden ser:
-Frías: Fórmase cando unha masa de aire frío entra en contacto cunha de aire quente. O aire frío, mais denso ca o cálido, obriga a este a elevarse rápidamente, que provoca a formación de nubes tormentosas e fortes ventos. Respreséntanse cunha liña azul de triángulos.
-Cálidas: Orixínanse cando unha masa de aire cálido chega a unha zona de aire frío. Co contacto, o aire quente elévase gradualmente sobre o aire frío. Ao ascender, o aire quente arrefría e condénsase en nubes que poden descargar chuvias. Represéntanse cunhas liñas de semicirculos vermellas.