Residuos y gestión
Son residuos todos os materiais que resultan dos procesos de fabricación e utilización que por non ser útiles son abandonados. Os residuos sólidos pódense clasificar segundo o sector de actividade que os xera.
Sector Primario:
·Agrícola: Partes non útiles das plantas de clutivo (follas, talos, raíces)
·Gandeiro: Excrementos de animais, bolsas dos piensos...
·Forestal: Restos de podas e limpeza dos bosques (pólas, cortizas, serraduras)
Sector secundario:
·Industrial: -Inertes: chatarra, areas, plásticos
-Tóxicos e perigosos: metais pesados, velenos, inflamables
·Radioactivo: Conteñen isótopos radioactivose proceden de centrais nucleares, industrial, hospitais.
Sector Terciario:
·Urbano(RSU[Residuos solidos urbanos], lixos): Mobles, electrodomesticos, vehículos, papel, cartón, etc
·Sanitario: -Químicos: medicamentos, meterial sanitario.
O tratamento dos lixos ou residuos sólidos urbanos realízase actualmente mediante distintos procedementos como:
VERTEDOIROS
Sitúanse nas aforas das cidades. Produciron varios efectos non desexados: contaminación do aire, solo e as augas subterráneas, poliferación de animais como as ratas, transmisoras de enfermidades, e o afeamento da paisaxe.
VERTEDOIROS CONTROLADOS
Comezaronse a utilizar cara a finais do século XX e reúnen as seguintes características:
-Impermeabilización do fondo
-Recollida e almacenamento dos líquidos que se producen por fermentación
-Pecollida de biogás desprendido tamén pola fermentación e aproveitamento como combustible.
INCINERACIÓN
Consiste en queimar os residuos en plantas incineradoras. Este método ten dúas avantaxes: pódese obter electricidade da calor liberada e o volume dos residuos redúcese considerablemente ao transformarse en cinzas. Os seus inconvenientes son a contaminación atmosférica debida á emisión dos gases e a destrucción de materiais que poderían ser utilizados ou reciclados.
RECICLAXE E COMPOSTAXE
Precisa dunha maior colaboración cidadá. Para reutilizar ou reciclar é necesario separar os distintos tipos de materiais, algo que se debe facer nas propias vivendas. Para a recollida dispóñense diferentes colectores nas rúas.